Os vegan@s somos persoas que un día determinado ou a través dun cúmulo de experiencias, acabamos comprendendo cómo é a nosa relación co resto de animais e cómo debería ser a partires de entón. Adoita ocurrir que cando unha persona vexetariana ou vegana intenta informar a unha persoa omnívora sobre as repercusións do consumo de produtos de orixe animal, ésta última tomeo como un ataque. Pode que desgraciadamente o ataque sexa a actitude dalgunhas persoas veganas ou vexetarianas, pero sería inxusto catalogarnos a tod@s coa mesma etiqueta. A gran maioría de persoas veganas na
actualidade tamén consumimos no pasado productos derivados da explotación
animal debido a que así é como fumos educad@s dende que nacimos. É por iso que
comprendemos que outras personas continuen facéndoo, e que continuen percibindo
a situación como algo normal e cotidiano. Polo tanto o único que desexamos é
transmitir cordialmente aquelo que aprendimos, a través da mostra de evidencias
e do diálogo. |

