Medio Ambiente

Consecuencias nefastas da gandería para o planeta.

A concentración cada vez maior de granjxs industriais xera problemas de contaminación por exceso de nitratos que se filtran no  solo e o destrúen.

DESTRUCCIÓN DO SOLO E DOS ECOSISTEMAS ACUÁTICOS

A concentración cada vez maior de granxas xera problemas de contaminación por nitratos que se filtran no solo e o destrúen. Isto supón botar a perder terras fértis e recursos hídricos que en tempos de sequía poden ser necesarios.

A concentración de animais hacinados e explotados en granxas facilita a propagación de infeccións, co cal abúsase dos antibióticos para evitar epidemias. Isto provoca unha grave contaminación, xa que os restos destes antibióticos expúlsanse a través da orina dos animais e fíltranse ao solo, danando os ecosistemas acuáticos. Ademáis, isto pode conlevar á mutación de certos virus e bacterias, que poderían crear resistencia aos efectos activos dos antibióticos, razón pola cal algúns antibióticos poderían deixar de ser efectivos, e por elo poderían rebrotar enfermidades aparentemente erradicadas.

Os desleixos das granxas industriais non serven para abono xa que os animais consumen pensos artificiais ricos en proteínas e hormonas para o crecemento, por esta razón son moi nocivos, destrúen o solo e desprenden gases tóxicos moi contaminantes.

A GANDERÍA E O QUECEMENTO GLOBAL

O vexetarianismo é a forma máis eficaz para evitar a maior catástrofe ecolóxica da Historia. Frear o cambio climático é o gran reto ao cal a humanidade debe enfrentarse de forma inminente. Ecolóxicamente, a gandería contribúe a aumentar o quecemento global, ou o que é o mesmo, é a responsable do cambio climático que está a sufrir o noso planeta. Segundo sostén un estudo internacional dirixido polos profesores Tony McMichael e John Powles, da Universidade Nacional de Australia e a Universidade de Cambridge, é imprescindible e urxente reducir o consumo mundial de carne como mínimo nun 10%. O motivo de todo elo é que o sistema dixestivo dos animais (sobre todo o dos rumiantes), o esterco e o uso de fertilizantes e pesticidas (entre outros procesos ligados á gandería), xeran unha grande cantidade de metano, un poderoso gas que causa o efecto invernadoiro. Por un lado, o informe destaca que a actividade agrícola, en especial a gandería, xera unha quinta parte das emisións totais de gases de efecto invernadoiro, e por outro, sinala como preocupante a deforestación para reconvertir bosques en pastos para gando e a dificultade para facer fronte á cada vez maior acumulación de excrementos e falta de auga potable. O informe presentouse en Londres e foi publicado pola prestixiosa revista científica The Lancet.

Consideramos que o máis xusto, tanto para os propios animais como para o medio ambiente, no é que reduzamos o noso consumo de carne nun 10%, senón que sigamos unha alimentación vegana, sen consumo de produtos de orixe animal (carne, pescado, lácteos, ovos...).

GANDERÍA: UN DERROCHE DE MILLÓNS DE LITROS DE AUGA

Para producir un kilo de carne de vaca necesítanse entre 2.000 e 16.000 litros de auga. Esta cantidade de líquidos é indispensable para nutrir ao animal durante a súa vida e despois para procesar e limpar a carne e preparala para o consumidor final.

O vexetarianismo é unha forma moi efectiva para aforrar auga e evitar a contaminación da mesma. Unha persona cunha dieta vegana require só 1.100 litros diarios, feito que supón un importante aforro de auga.

Como frear o cambio climático mudando a nosa alimentación?

O sector gandeiro é responsable da emisión de ata o 18% dos gases de efecto invernadoiro. A loita para frear a chegada do maior desastre ecolóxico da Historia tamén pasa por mellorar a nosa alimentación.

O 28 de Novembro de 2006, a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) presentou un informe titulado A Longa Sombra do gando (Livestock’s Long Shadow) no cal demóstrase que a gandería xera máis emisións de gases de efecto invernadoiro que os automóbiles. Esta afirmación é, aparentemente, estrana. ¿Qué é o que hai detrás da gandería industrial para que ésta devenira en insostible?

A desnaturalización  das nosas vidas, especialmente, nos hábitos alimentares, xerou un grande desequilibrio no planeta. A gandería industrial deveniu nun problema insostible ecolóxica e económicamente, debido á grande cantidad de animais que se “producen”, pola alimentación que se suministra aos mesmos e polas condicións de vida nas cales se lles mantén. A Longa Sombra do Gando, foi dirixida polo economista agrícola Henning Stenfield. Esta detallada análise demostra que a gandería é responsable de ata o 18% das emisións de gases de efecto invernadoiro e que á vez o aumento do consumo de produtos cárnicos é a principal causa da deforestación de selvas, bosques e sabanas.

Na actualidade, o consumo de produtos de orixe animal semella democratizarse. O bistec diario xa non é un luxo que só poidan permitirse as clases máis pudintes. Persoas de tódalas clases sociais consumen produtos cárnicos a diario, o cal, fai algúns anos, era inimaxinable. Nembargantes, este aumento disparatado do consumo de carne conleva consecuencias nefastas para a nosa saúde, para os animais e para o equilibrio económico e ecolóxico do noso planeta. O aumento da cantidade ten como contrapartida a diminución da calidade, un grande custe medioambiental e a vulneración sistemática dos dereitos dos animais.

As granxas da Era Postindustrial deixan de ser aqueles espazos aparentemente bucólicos nos que o gando pastaba pracidamente en campos verdes. Unha nave de hormigón na que os animais se atopan confinados e se alimentan a base de pensos elaborados con soxa transxénica, beben auga mezclada con antibióticos e hormonas que estimulen o crecimento, é o prototipo de granxa industrial europea dos nosos días. Este sistema coñécese como gandería intensiva, o cal consiste en engordar o gando en moi pouco espazo e en moi pouco tempo, para envialo o antes posible ao matadoiro e obter unha productividade moi alta e, lóxicamente, un maior beneficio económico. A maioría de animais destinados ao consumo humano poden ver o Sol por primeira vez na súa vida, o día que se envían ao matadoiro en camión. O resultado deste proceso é unha carne barata, pero que ocasiona innumerables sufrimentos aos animais, que é nociva para a nosa saúde e para a do noso planeta.