O veganismo, a opción máis saudable Se a túa saúde te preocupa, hai moitos motivos para evitar consumir produtos de orixe animal. Unha dieta vexetariana supón que reducimos o consumo de graxas saturadas e o colesterol, ademáis de evitar os anabolizantes e o mercurio presentes na carne e no pescado.
PROTEÍNAS En contra da percepción popular de que veganos e vexetarianos non inxiren a suficiente cantidade de proteínas, a maioría dos expertos consideran que o aporte proteico destas dietas pode cubrir amplamente as necesidades dunha persoa, sempre e cando se escolla ben as fontes. Entre outras, a soxa e a quinoa constitúen fontes de proteínas de moi alto valor nutritivo. Por outra parte, a combinación de alimentos de orixe vexetal como legumes, froitos secos e cereais resulta na formación de aminoácidos fácilmente absorbibles polo corpo humano, como os da carne e os seus derivados. FERRO Os alimentos de orixe vexetal conteñen únicamente ferro non hemo que se absorbe con menor facilidade que o ferro hemo. O ferro non hemo é máis sensible que o ferro hemo tanto aos inhibidores como aos estimuladores da absorción de ferro. Ao comer alimentos que conteñen vitamina C xunto con alimentos vexetais que conteñan ferro non hemo estimúlase considerablemente a absorción do ferro. Tamén o ácido málico (en cabazas, ciruelas e manzás) o ácido cítrico (en frutas cítricas) estimulan a absorción. Cociñar cos vellos utensilios de cociña feitos de ferro, pode aumentar a inxesta deste mineral entre un 100 e un 400%. Fumar diminúe notablemente a cantidade de vitamina C circulante no organismo. A incidencia de anemia por deficiencia de ferro entre os vexetarianos é similar á dos non vexetarianos. VITAMINA B12 A vitamina B12 ou cianocobalamina é unha vitamina do grupo B, necesaria para o bo funcionamento do sistema nervioso e para a formación da hemoglobina nos glóbulos vermellos. Actualmente, debido ao deterioro dos campos de cultivo, a cantidad de vitamina B12 no solo é prácticamente nula, pola destrucción das bacterias que a producen. Por iso as únicas fontes fiables desta vitamina nunha alimentación vegana son os alimentos enriquecidos e os suplementos vitamínicos. A falta de vitamina B12 provoca un déficit no transporte de metilos que incide negativamente na síntese de purinas (compoñentes do ADN) e, polo tanto, unha deficiencia no proceso de multiplicación celular. Esta deficiencia afecta principalmente á médula ósea, onde se produce a eritropoyese ou formación das células sanguíneas e, polo tanto, produce un serio cadro denominado “anemia perniciosa”. Ademáis a falta de metionina produce danos no texido nervioso, especialmente nos cordóns posteriores da médula espiñal.
ÁCIDO GRASO DHA
O DHA é un dos ácidos grasos omega-3. É posible metabolizar DHA a través da conversión no organismo do ALA, algúns dos alimentos que conteñen ALA son as noces e semillas ou aceite de lino. Outro ácido graso omega-3. A pesares da crenza xeneralizada, o peixe non é unha fonte fiable de DHA, xa que os seus nutrintes se perden ao cociñalo. | A opinión dos expertos Asociación Americana de Dietética / Asociación de Dietistas de Canadá / Asociación Dietética de Nova Celanda A postura da Asociación Americana de Dietética, da Asociación de Dietistas de Canadá, e da Asociación Dietética de Nova Celanda é que as dietas vexetarianas adecuadamente planificadas son saudables, nutricionalmente adecuadas, e proporcionan beneficios para a saúde na prevención e no tratamento de determinadas enfermidades.
As dietas veganas e ovo-lacto-vexetarianas son apropiadas para todas as etapas do ciclo vital, incluíndo o embarazo e a lactancia. Así mesmo, as dietas veganas e ovo-lacto-vexetarianas adecuadamente planificadas satisfacen as necesidades nutritivas dos bebés, nenos e os adolescentes e promoven un crecemento normal. Fundado en 1985, o Comité de Médicos para unha Mediciña Responsable (PCRM) é unha organización non lucrativa con máis de 5.000 médicos asociados, con sede en Washington. Esta entidade desenvolve campañas e investigacións sobre diversas enfermidades e a súa relación coas dietas vexetarianas.
O Proxecto Cancro ten dous obxetivos principais: O primeiro, queren facer da prevención do cancro unha prioridade. Igualmente importante é ofrecer unha maior e precisa información aos diagnosticados de cancro, sobre o rol da alimentación no mantemento dunha poboación saudable. Con case un millón de persoas diagnosticadas de cancro nos Estados Unidos cada ano, e moitos casos máis arredor do mundo, é unha necesidade urxente abordar unha dirección de batalla con esta enfermidade. O Proxecto Cancro proporciona materiais educativos, videos, folletos, informes acerca da prevención do cancro e a súa supervivencia. Tamén desenvolve investigacións/estudos médicos e clínicos e publicitamos a necesidade da prevención do cancro dende o valor das dietas saudables. |


