Co apoio de:

ESPAZO EN GALEGO PARA VEXETARIANOS

A protección dos animais, do Medio Ambiente e da nosa propia saúde, son algunhas das razóns polas que cada vez máis galegas e galegos deciden explorar unha dieta vexetariana. A demanda de produtos baseados en vexetais e respetuosos co planeta e cos demais seres vivos aumenta, e pouco a pouco, aparecen máis espazos de restauración que ofrecen menús e pratos sen produtos de orixe animal.

Vexetais! nace co propósito de converterse nunha guía virtual onde cada internauta poida explorar que é o vexetarianismo, cara onde se dirixe e que argumentos sustentan a súa posible elección. Tamén se ofrece unha relación dos establecementos que ofrecen menús e pratos vexetarianos nas distintas cidades e vilas galegas.

Somos unha proposta innovadora e pioneira na comunidade galega, onde non existía ningún espazo que falara da dieta vexetariana en Galicia, e moito menos escrito en língua galega. Unha aposta por un estilo de vida respetuoso e sobre todo ético. Aquí tamén atoparás centos de receitas, elaboradas por cociñeiros profesionais, pero tamén por todo tipo de persoas afecionadas á cociña sá.


Sign in  |  Recent Site Activity  |  Terms  |  Report Abuse  |  Print page  |  Powered by Google Sites